Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A Galería Manolo Eirín presenta o novo poemario de Margarita Ledo

INVITACION MANOLO EIRIN
A Galería Manolo Eirín presenta o novo poemario de Margarita Ledo

A Galería Manolo Eirin prepara a presentación do esperado novo poemario "Prefiro condenarme", da recoñecida escritora e cineasta Margarita Ledo Andión. Este evento terá lugar o sábado 28 de setembro de 2024, ás 12:00 do mediodía, na galería de arte contemporánea da C/ Estrela de Carballo.

Margarita Ledo Andión, aclamada pola súa contribución á literatura e o cinema, compartirá co público a súa nova obra, que convida a unha reflexión profunda sobre temas contemporáneos e a experiencia humana. Ledo estará acompañada por Luis Moscardó, ilustrador do libro e destacado artista plástico con varias exposicións na propia Galeria Manolo Eirin, a presentación promete ser un diálogo enriquecedor entre a literatura e a arte visual.

O libro "Prefiro condenarme" caracterízase polo seu estilo evocador e a súa capacidade para tocar as fibras máis sensibles do lector. As ilustracións de Moscardó complementan perfectamente os versos de Margarita, creando unha experiencia estética prometedora.

A cita é na Galería Manolo Eirin, un espazo referente cultural na comunidade, e que se honra en recibir a dúas figuras destacadas da arte e o pensamento. A entrada é libre e convídase a todos os amantes da cultura para acompañarnos neste evento especial. Os visitantes tamén poderán observar as obras da nova exposición da galería "Beira a beira" con once artistas franceses que se inaugurou en Carballo o pasado 7 setembro en colaboración co Atelier du Hezo Art Contemporain como conclusión ao proxecto transfonterizo que se levou a cabo ao longo deste ano entre as dúas galerías e o apoio do Concello de Carballo.
 

Comentarios