Martes. 02.03.2021
El tiempo

A historia do textil galego, no Galidoc do Casino1889

fios_fora (4)
fios_fora (4)
A historia do textil galego, no Galidoc do Casino1889

Este sábado arrinca a segunda edición do ciclo documental Galidoc. Baixo un estrito protocolo de seguridade, a entidade carballesa non que deixar esmorecer a cultura e ofrece este festival en pequeno formato para os que queiran disfrutar das mellores creacións documentais do país.

A cita deste sábado 16 de xaneiro, ás 19:00h, é coa proxección de “Fíos Fóra, historias de obreiras entre costuras e patróns”, e contará coa presenza das súas autoras, Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva ou “Illa Bufarda”.

Sabela Iglesias e Adriana P Villanuelva son Illa Bufarda

Esta longa documental percorre a historia do sector téxtil galego, onde desde os anos 60 as mulleres foron a man de obra fundamental para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Así vemos como a súa historia se repite a día de hoxe noutros lugares do mundo. O filme recolle os testimonios das traballadoras, así como de responsables de empresas do sector téxtil.

A actividade do Galidoc é gratuíta e a entrada realizarase a partir das 18:30 por orde de chegada ata completar o aforo da sala. Antes da proxección haberá unha pequena presentación de Fíos Fóra e a sesión rematará cun coloquio coas autoras, no que o público poderá compartir as súas preguntas e reflexións arredor do documental.

GALIDOC 2021-Casino 1889 Carballo

Novas relacionadas

comentarios