Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu “rescate Xa!”

Manifestacion da hostaleria da Costa da Morte en Carballo
Manifestación da hostalería e outros sectores afectados pola pandemia en Carballo
A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu “rescate Xa!”

Este luns, igual que fixera hai 3 semanas en Santiago, a hostalería carballesa saíu á rúa. A manifestación, que saía dende a explanada do Gadis, tardaba en chegar ata a Praza do Concello ocupando medio Carballo.

Xentes de todos os sectores, nomeadamente a hostalería pero tamén doutros sectores como o comercio, clientes, feirantes… de Carballo pero tamén de Laxe, Malpica, Laracha, Vimianzo… demostraron a importancia do sector para a nosa economía.

Fartos de ver os centros comerciais cheos, ou os supermercados sen control de aforo, a hostalería pregúntase por que segue pechada.

Os representantes da Asociación de Hostalería de Carballo leron un manifesto “para pedir o que precisamos e o que nos corresponde: Precisamos axudas inmediatas para xa dende fai uns meses. Moitos de nós estamos coa soga ó pescozo, ninguna administración autonómica, provincial ou municipal nos deu unha axuda reseñable, só venden fume, estamos ante a campaña política máis grande da historia. Non queremos ser de dereitas nin de esquerdas, queremos sobrevivir!”

O manifesto lamenta que “nos venden axudas, que case ninguén chegou a cobrar, ilusiónannos con medidas que nunca chegan ou chegan mermadas, vemos como en outros concellos venden axudas directas que no noso concello catalogan de ilegais, pois si son ilegais, que non no las den, pero que as fagan legais.”

A asociación piden aos dous deputados carballeses, Daniel Pérez (BNG) e Rubén Lorenzo (PP) que “dean un peto na mesa, facede legais esas axudas directas, que sabemos que vades a mirar pola nosa comarca e concello, igual que Xosé Regueira, precisámosvos ós tres, dade un paso adiante, precisámosvos”, sinalan directamente.

A organizadora quixo lembrarse de todos os sectados afectados, pedindo “axudas xa, para todos, para o pobo, porque o pobo vive do pobo, e o pobo son os autónomos e pequenas empresas, que non recibiron axudas directas que agora mesmo é o que máis se precisa, e nos sentimos abandoados por parte das administracións”.

Novas relacionadas

Comentarios