domingo. 14.12.2025
El tiempo

O I.E.S. Monte Neme súmase ao irmanamento con L ́Isle-Jourdain

Chapas Irmandamento Carballo Le Isle Jourdan
O I.E.S. Monte Neme súmase ao irmanamento con L ́Isle-Jourdain

O Concello de Carballo leva mantendo durante anos un interesante irmandamento coa vila francesa de L ́isle-Jourdain. Un programa que conta dende xa cun novo apoio: O IES Monte Neme.

O departamento de francés do centro, co apoio da directiva do centro e en colaboración coa Asociación de Irmanamento de Carballo impulsa a motivación do seu alumnado á aprendizaxe do francés como segunda lingua extranxeira. Un total de 85 alumnos e alumnas de francés do centro educativo carballés, prepararon esta semana as súas cartas de presentación que xa están no servizo de correos rumbo ao Collège N.D. Le Clos Fleuri de L ́isle-Jourdain onde agardan ser recibidas por outros estudantes lilois.

Ana Cancela, presidenta en funcións do Comité de Irmanamento de Carballo, achegouse á biblioteca do I.E.S. Monte Neme – convidada por Begoña Espasandín, profesora de francés do centro carballés – para contarlles aos alumnos/as unha breve historia do irmanamento e dos monumentos máis representativos da vila occitana Así mesmo, en nome do Comité de Irmanamento entregou a cada participante unha chapa co nome das dúas vilas irmás enlazadas nun corazón como símbolo dos vínculos de amizade que se poden formar durante este intercambio e que, en moitos casos, adoitan converterse en amizades duradeiras.

O alumnado carballés comezará a recoller os primeiros froitos desta iniciativa á volta de vacacións de Nadal, data na que teñen previsto recibir a contestación dos seus homólogos dende o Collège N.D. Le Clos Fleuri. Por outra banda, cabe a
posibilidade de que algún dos correspondentes visiten Carballo na próxima viaxe que os franceses teñen prevista.

Comentarios