O IES Parga Pondal lembrou, en tres formatos, a importancia dos Dereitos Humanos
Aproveitou este 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, equipo da biblioteca do IES Isidro Parga Pondal de Carballo para lembrar a importancia desta declaración, en vigor dende 1948.
O alumnado lembrou o eixo fundamental, o ”ideal común para todos os pobos e nacións”, pero deulle un enfoque máis actual, centrándose “na necesidade de reconstruír para mellorar, asegurándose de que os dereitos humanos sexan a base para os esforzos de recuperación” das consecuencias desta pandemia. “Só alcanzaremos os nosos obxectivos común en todo o mundo se somos capaces de crear igualdade de oportunidades para todos, abordar os fracasos que a pandemia deixa en evidencia e aplicar as normas de dereitos humanos para facer fronte ás desigualdades, á exclusión e á discriminación arraigadas, sistemáticas e interxeneracionais”, recolle a súa reflexión.
Así, unhas das iniciativas foi colocar no taboleiro do instituto, as imaxes de grandes mulleres activistas que loitaron polos nosos dereitos, como Lakshmi Menos, delegada da India ante a Terceira Comisión da Asemblea Xeral en 1948; a diplomática e activista da República Dominicana, Minerva Bernandino; ou as Evdokia Uralova, Lakshmi Menon ou Marie-Heléne Lefaucheux.
Podcast
Tocoulles aos de de 4º ESO desde a radio, Rebolondas, poñer en práctica o aprendido nun podcast onde falaron desta efeméride, subliñando o papel decisivo que tivo Eleanor Roosvelt, presidenta da Comisión dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas ao considerar que a muller non podía ser excluída desta celebración que en principio ía ser denominada “dos Dereitos dos Homes”. Así quedou a reflexión común:
Os 30 artigos
E para sempre quedará aí a recolleita do alumnado de 11 de Bacharelato de cada un dos trinta artigos: