Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Importante desprendemento en Razo

Razo derrubamento_cabreira
Importante desprendemento en Razo

Así quedou a vía que discorre paralela á praia de Razo. A zona da Cabreira sufre un novo desprendemento de terras, segundo os informes técnicos por unha "filtración procedente dunha das traídas particulares existentes na contorna". A pista, que xa tiña o tránsito restrinxido, queda totalmente inutilizable nese treito, que xa foi sinalizado por Protección Civil.

Cómpre lembrar que os desprendementos na zona da Cabreira veñen repetíndose dende hai anos. Lembran dende o Concello a Demarcación de Costas xa tivo que acometer unhas obras o pasado 2020 e que manteñen o compromiso de acometer un proxecto máis amplo para abordar a necesaria protección ambiental do borde litoral de Razo mediante o tratamento e a estabilización dos noiros, a eliminación do tráfico rodado en toda a vía paralela á praia abrindo unha alternativa e a reordenación tanto dos accesos como dos tráficos e dos aparcadoiros.

comentarios