domingo. 01.12.2024
El tiempo

Os Impresentables destacaron en Carballo o importante papel do movemento bravú

Presentando o documental Bravu XXX en Carballo 2
Os Impresentables destacaron en Carballo o importante papel do movemento bravú

Emotiva foi a presentación este pasado venres en Carballo do documental Bravú XXX. Un traballo audiovisual realizado por Nós Televisión que celebra os 30 anos da música que cambiou o país.

Comandada por Xurxo Souto, a sesión foi moi amena. Unhas 70 persoas achegáronse a ver a estrea do documental e ao remate comezaron coas anécdotas daquela cea pantagruélica e fundadora da música bravú acontecida en 1994 en Chantada.

Alí estiveron, como o venres, os membros do grupo vimiancés Os Impresentables. Os creadores de temazos como “Maruxa” ou “Que foi do rockand roll”, participaron activamente no coloquio. Carlos do Celme, Benxa e Jua Teclado puxeron o acento vimiancés á presentación, contando algunha daquelas batallas de furgoneta.

Presentando o documental Bravu XXX en Carballo

De contado, o micro correo polo público que foron contando que significou para eles o movemento bravú. O auditorio estaba cheo de público nostálxico e algún que outro rapaz novo, e de históricos como Eloi de Malpica, o dono do Circo de Carballo, Lupe Gómez, Xabier Maceiras… Xentes da música carballesa de finais do século pasado que aínda seguen ao pé do cañón.

Unha das reflexións máis interesantes foi a importancia que ten e tivo o bravú no éxito das bandas que trascenden hoxendía as nosas fronteiras, como Tanxugueiras, Sés, Mondra…

Máis proxeccións

A xira do docu segue por toda a provincia, e entre a marea de presentacións, estas son as citas coteiras:

  • 3 de novembro. A Laracha. Casa da Cultura. 13.00 h.
  • 16 de novembro. Muros. Centro Cultural e xuvenil. 20.30 h.
  • 22 de novembro. Corcubión. Capela de Pilar. 20.00 h.
  • 23 de novembro. Malpica. Auditorio do Centro Cívico. 20.00 horas
  • 29 de novembro. Carnota. Salón de actos do Concello. 21.00 h.
  • 30 de novembro. Muxía. Salón do Voluntariado. 20.00 h.

Enquisa

O investigador costeiro David Fernández Pastoriza está a desenvolver un traballo para a Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre a influencia do Movemento Bravú na identidade e lingua galega. Pídenos axuda a través dunha enquisa que podedes completar aquí:

Máis novas

Comentarios