![ines-rodriguez-bng-carballo]()
Inés Rodríguez renova como responsable local do BNG de Carballo
A asemblea local do BNG aprobou a candidatura ao consello local encabezada por
Inés Rodríguez Muíño, que renova como responsable local xunto co resto dos membros do seu equipo. A militancia opta deste xeito pola continuidade dun equipo caracterizado pola xuventude, por unha banda, e a experiencia política, por outra, xa que entre os integrantes do consello figuran sete persoas que tiveron ou teñen responsabilidades no goberno municipal.
Na asemblea local, celebrada o xoves á noite, o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - informou á militancia sobre distintos proxectos que están en marcha nestes momentos no concello. Así mesmo, animou a Inés Rodríguez a ao resto do consello a seguir traballando pola apertura da organización a toda a sociedade.
O consello local do BNG de Carballo está integrado por Inés Rodríguez Muíño, como responsable local; José Ramón Brandón Negreira, vicerresponsable Local; Maica Ures García, responable de Organización; Benedicto Viña Costa, Finanzas; Begoña Moscoso Varela, Igualdade; Juan Seoane Collazo, Deportes; Irene García Areosa, Mocidade; Verónica Naya Rama, Mocidade; José Daniel Pérez López; Mar Eirís Villar; Miguel Ángel Vales Mallo; Dores Silveira Sande.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- BNG Carballo