venres. 09.05.2025
El tiempo

Iniciados os trámites para a construcción da rede de abastecemento de auga nas parroquias de Oza e Razo

Iniciados os trámites para a construcción da rede de abastecemento de auga nas parroquias de Oza e Razo
parroquia-razo-carballo O concello de Carballo destina a este proxecto 1.700.000 euros que está incluido dentro dos orzamentos do 2018 Co fin de axilizar a execución do proxecto de construción da rede de abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo, o concello de Carballo vén de solicitar os informes sectoriais preceptivos que deberán emitir o Servizo de Vías e Obras da Deputación da Coruña, a Axencia Galega de Infraestruturas (Consellería de Infraestruturas e Vivenda), e a dirección xeral de Patrimonio Natural, a dirección xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e Augas de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) polas distintas afeccións que poderían ter as obras. O proxecto está incluído nos orzamentos do 2018, que se presentaron no día de onte ao pleno da corporación, cunha partida de 1.699.912,70 euros. Éste será un dos investimentos máis importantes do ano que vén tanto a nivel unitario como a nivel cuantioso realizado nunca polo concello de Carballo sen axuda doutras administracións. O financiamento procede do canon da auga - un millón de euros - e doutros recursos propios. A rede de abastecemento arrancará do polígono industrial de Bértoa en dirección a Oza, onde chegará aos lugares das Encrucilladas, Vilar do Carballo, Oza Vella, As Torres e O Rodo. Neste punto conectará coa rede existente e quedará preparada a futura conexión para estender o servizo á parroquia de Cances. Xa na parroquia de Razo, en Vilar de Cidre está en fase de contratación nestes momentos a rede de saneamento (incluída no canon da auga do 2017 con 216.555,18 euros), e dentro desa obra inclúese como mellora a instalación das canalizacións para o abastecemento. Do mesmo xeito, o núcleo de Nétoma quedou preparado para recibir o servizo cando se realizaron as obras de pavimentación. A rede estenderase a toda a zona de Arnados -da que partirá a conexión principal para o futuro subministro traída a Lema, Noicela e Rebordelos - así como a Razo da Costa e Santa Mariña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios