luns. 01.12.2025
El tiempo

Íntegro fala de sexualidade na diversidade funcional sen tabús

Sexualidade sen barreiras
Íntegro fala de sexualidade na diversidade funcional sen tabús

Acolleu este sábado 29 o Fórum Carballo a I Xornada "Sexualidade sen barreiras". Organizada pola familia da Asoc. Íntegro, tratábase de xerar un espazo de encontro e reflexión no que se abordou a sexualidade sen tabús, sen prexuízos e sen máscaras, poñendo no centro os dereitos, necesidades e realidades das persoas con diversidade funcional. Unha xornada para promover unha visión da sexualidade baseada no respecto, na dignidade e na liberdade individual

Ao longo da xornada, os faladoiros permitiron analizar cuestións clave como a importancia da educación afectivo-sexual adaptada, o dereito ao pracer e á saúde sexual, a creación de espazos seguros para falar e acompañar e a relevancia de garantir recursos e profesionais formados para ofrecer respostas adecuadas.

As ponentes achegaron distintas perspectivas profesionais, experiencias e boas prácticas, facilitando unha comprensión máis ampla e rigorosa da sexualidade na diversidade funcional. O seu labor contribuíu a desmontar mitos e a visibilizar necesidades habitualmente silenciadas.

Dende Íntegro agradecen a colaboración concelleira de Servizos Sociais Maica Ures, reforzando así a importancia de promover espazos de formación e sensibilización en torno á sexualidade desde unha óptica de dereitos humanos.

Comentarios