sábado. 15.02.2025
El tiempo

As investigadoras de Bergantiños, protagonistas no Día da Muller e a Nena na Ciencia.

  • Currunchos científicos, experimentos, xogos, teatro, robótica, exposicións e moito máis nunha fin de semana para toda a familia nesta Feira que trata de xerar vocacións científicas e referentes femininos     
Dia Muller e nena na Ciencia Carballo 2025
As investigadoras de Bergantiños, protagonistas no Día da Muller e a Nena na Ciencia.

Carballo celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Faino, despois do éxito do ano pasado, os días 8 e 9 de febreiro coa II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia, unha iniciativa das concellarías de Innovación e Igualdade unen forzas na I Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia, para darlle visilidade ás investigadoras locais e da contorna para crear referentes femininos próximos para a infancia e, nomeadamente, para as nenas. 

Carballo presenta a feira Muller e Nena na Ciencia
Maica Ures, Evencio Ferreiro, Verónica Bolón, Isabel Regueiro e Iván Andrade

O concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e a concelleira de Igualdade, Maica Ures, presentaron o programa acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, e por dúas das investigadoras que participarán na iniciativa: Verónica Bolón, enxeñeira informática experta en intelixencia artificial, e Isabel Regueiro, profesora de física e química no IES Alfredo Brañas, onde se celebra cada ano a Feira das Ciencias (nesta ocasión será os días 25 e 26 de febreiro).

Ademais de volvernos sumar á Iniciativa 11F, un movemento cidadán de ámbito estatal, a través do cal o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) da Universidade da Coruña ofrecerá sete actividades ao longo do curso. Tres delas xa teñen datas: Que contan os fósiles? e A nosa lúa, os días 5 e 19 de febreiro, no marco do programa Apego, e O tempo xeolóxico, o 9 de febreiro na feira.

As nosas investigadoras

A II Feira do Día da Muller e a Nena na Ciencia reunirá na planta alta do mercado municipal a Isabel Regueiro e as súas alumnas Aroa Sequeiro Arnal, Arancha Lorenzo Rodo, Blanca Lamas González, Clara Graña Pérez, Andrea Cancela Villar, Sofía Prieto Villar, Claudia Trigo Suárez, Lara Tato Rodríguez, Noa Calvo Rojo, Noa Mourón Parga, Lucía Suárez Insua, Noa Suárez García, Alejandra Rodríguez Villar e Marta Cernadas Pena; ás investigadoras carballesas María Gómez e María Fernández (bioloxía), Xanel Vecino (enxeñería química) e Verónica Bolón (enxeñería informática), e ás convidadas Rosa Devesa Rey, enxeñeira química da UVigo, e Laura Muinelo Romay, directora da unidade de biopsia líquida do IDIS.

A Ciencia á rúa

Tanto Verónica Bolón coma Isabel Regueiro amosaron a súa satisfacción por repetir a experiencia e destacaron a importancia de celebrar este tipo de eventos, que fan posible “que a ciencia non quede nos laboratorios, senón que saia ás rúas, que as nenas o vexan como algo normal e que atopen referentes femininos”, resumiu a enxeñeira informática.

 21 desas mulleres van protagonizar unha exposición que se ianugurará o sábado 8, ás 12.00 horas, na rúa Coruña, onde poderá verse durante un mes, unindo o Día da Muller e a Nena na Ciencia co Día da Muller. E o mesmo sábado 8 tamén se realizarán dous talleres de construción e condución de vehículos Infento impartidos por Caracole.

Programa

Programa Dia Muller e nena na Ciencia Carballo 2025 2
Programa Dia Muller e nena na Ciencia Carballo 2025 2

 

Comentarios