Localizan en Carballo unha muller que se desorientou ao caer
20:13 13/06/17
Membros de Protección Civil de Carballo localizaron esta tarde a unha muller que se desorientara. A muller apareceu en bo estado no lugar de Sísamo e ainda que ela mesma indicaba que se atopaba ben - con pequenas feridas - os axentes da Garda Civil solicitaron a presenza dunha ambulancia.
A alerta saltou ás 10 horas da man da Garda Civil. Pouco despois, a muller púsoxe en contacto co 112 sinalando que se atopaba en Xoane - na parroquia de Goiáns - e que precisaba de axuda para levartarse despois de caer. Foron alertados un equipo de urxencias médicas, membros de Protección Civil e os Bombeiros de Carballo.
Os servizos de emerxencias atopan á muller que se desorientara en Carballo
Os efectivos de emerxencia localizaron en bo estado á muller que se desorientara en Carballo. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por parte dos membros de Protección Civil da localidade, a señora apareceu no lugar de Sísamo. Indicaban que se atopaba ben, con algún arañazo. Os axentes da Garda Civil solicitaron a presenza dunha ambulancia no punto para atendela.
Ao fío das 10:00 horas, o 112 Galicia recibía a alerta do ocorrido a través da Garda Civil. Uns minutos máis tarde, a muller se poñía en contacto co CAE 112 Galicia. Sinalaba que estaba en Xoane, na parroquia de Goiáns. Engadía, no seu relato, que caera e necesitaba axuda para levantarse.
Entón, nese momento, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Médicas, Protección Civil e Bombeiros de Carballo.