mércores. 11.12.2024
El tiempo

Máis de 20 artesás formarán na ponte de decembro o Mercado da Ilusión

26112024 mercado_ilusion Carballo presentacion
A axente de desenvolvemento local, Paula Lema; o alcalde Evencio Ferrero, a produtora do evento Graciela Castro e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira durante a presentación
Máis de 20 artesás formarán na ponte de decembro o Mercado da Ilusión

O Nadal carballés arrinca este ano na ponte de decembro, e faino co acendido da iluminación pero tamén cun singular Mercado da Ilusión. Unha vintena de artesáns e artistas locais e da contorna e cun programa de actividades paralelas que inclúe obradoiros, música e maxia. O obxectivo, como apuntou Xosé Regueira, é transmitir non só a ilusión do Nadal senón tamén a ilusión de mercar no comercio local.

O Mercado da Ilusión celebrarase do 5 ao 8 de decembro nunha gran carpa que estará instalada na Praza do Concello, e que estará aberta ao público os catro días desde as 11.00 ata as 21.00 horas.
Nos postos atoparemos a Moura, María Viqueira, Tuuinx, Bo Peixe, Planeta Ecco, Bulebule, Brazolinda, OCD, T3entacion3s, Son Artesana, Artesanía Elena, Casa Curtis, Mindiringuín, Axóuxeres, Las cositas de Grey, Chichalovers, Lorena Barciela, Waves, Cascabullo, Sheila, María Lista e Cristina
Blanco, 22 artesás, artistas e produtores que amosarán os seus traballos de cerámica, bixutería, confección, ilustración... e moitos outros.

E tamén haberá moita animación da mañá á noite. O día 5, primeiro do mercado, tamén se acenderá o alumeado de Nadal co tradicional acto aberto a toda a cidadanía na propia Praza do Concello. Como se vén facendo nos últimos anos, haberá chocolatada popular e pecharase a xornada co concerto de Black Quinteto.

Este é o programa de actividades paralelas:
Día 5:

  • 17.00 horas. Taller: Bingo a reciclar, por Ecoembes
  • 18.00 horas. A maxia da costura para cativos, por Lorena Barciela.
  • 18.45 horas. Concerto de Black Quinteto.

Día 6:

  • 13.00 horas. Rompecinturas Selektor Dj
  • 17.00 horas. Obradoiro de maxia
  • 18.45 horas. Karaoke con Esteban

Día 7:

  • 13.00 horas. Crooked Savage Dj
  • 16.00 horas. Taller de adornos de Nadal, coa asociación Cascabullo
  • 17.00 horas. Visita de Papá Noel: recepción de cartas
  • 18.45 horas. Concerto de Belish

Día 8:

  • 13.00 horas. Riquinha Dj
  • 16.00 horas. Adornos de Nadal, con Axóuxeres
  • 17.00 horas. Actuación das cantareiras de Arume de Verdillo
  • 20.00 horas. Peche do mercado

Máis novas do Nadal

 

Comentarios