Martín Varela e Manuel Cantelar comezan a Semana da Inclusión nos centros de ensino carballeses

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis, organiza una semana da inclusión en colaboración co Concello de Carballo. Neste proxecto de deporte inclusivo, trátase de achegar o deporte adaptado aos centro de ensino do Concello de Carballo, impartindo charlas teóricas e prácticas. Estas xornadas deportivas estarán dirixidas por Martín Varela Dourado, Manuel Cantelar Varela, deportistas especializados en tenis e baloncesto en cadeira de rodas e por Miguel Villaverde, diplomado en educación física. Un xeito de normalizar a presenza de persoas con discapacidade no entorno escolar.
As xornadas serán do 23 ao 27 de Abril, e distribuiranse da seguinte maneira:
- Martes 23: será no CEIP Fogar 10.00 a 13.30 horas.
- Mércores 24: 10.15 a 13.30 no CEIP Bergantiños e estará tamén o CEIP Gándara de Sofán.
- Xoves 25: de 10.00 a 12.50 no CEIP Xesús San Luis Romero e participarán tamén o CPR Plurilingue Artai, CEIP Netoma de Razo e CEIP A Cristina
- Xoves 25: ás 20.00 horas hai unha charla-coloquio do Camiño Sen Límites organizada por Federación de ANPAS da Corta da Morte e Camiño e a Asociación Rompendo Límites, na federación de Anpas en Carballo.(Rúa Alfredo Brañas 44, Carballo).
- Venres 26: presentación do documental “Cristales” de Álvaro Illobre, tenista internacional en cadeira de rodas, as 20.00 no salón de actor do Forum de Carballo.
Para finalizar a semana, sábado 27 terán a Xornada de Portas Abertas da Agrupación Deportiva Un Paso Máis na praza do Concello como en anos anteriores, de 10.30 a 13.30 horas onde haberá obradoiros de barro, pequechef e distintas actidades deportivas que realizan ó longo do ano como fútbol, pádel, baloncesto en cadeira de rodas, goalball, e tamén haberá hinchables e música para os máis pequenos.