Luns. 29.04.2024
El tiempo

Medio millar de persoas participou nas actividades ambientais do programa “Eu quero Razo-Baldaio”

Ruta guiada en baldaio_2
Imaxe dunha ruta guiada por Carballo
Medio millar de persoas participou nas actividades ambientais do programa “Eu quero Razo-Baldaio”

Fau balance o Concello de Carballo da participación no programa medioambiental “Eu quero Razo-Baldaio”. Un programa  que permitiu desenvolver máis de 15 actividades ao longo dos meses de xullo e agosto, nas que participaron un total de 527 persoas. Na maior parte das iniciativas foi preciso ampliar o límite de participantes, e aínda así quedaron escasas en boa parte delas.

Dende o Concello valoran que o éxito das actividades nocturnas, como a noite das avelaíñas, a ruta ata a Eira das Meigas ou a noite astronómica; pero tamén outras de día como a ruta a pé de Carballo a Razo polas sendas do proxecto Cicl-Ando Carballo, que reuniu a 116 persoas.
Aínda que o tempo non acompañou, tamén foi numerosa a participación na Festa da Praia.

Musica en Carballo

Este ano, ademais houbo artesanía. Por un lado, o artesán Fabián Lage acometeu a restauración das esculturas da píllara de Razo, o arroaz da Pedra do Sal e a nebria das praias do Castrillón, todas elas elaboradas nos últimos anos reciclando distintos materiais. E paralelamente estivo traballando en Razo a Yosi Fervenza coa súa motoserra para tallar unha escultura de madeira de Carlos O Xestal, unha homenaxe máis neste Ano do Xestal. Unha vez rematada, a Concellaría de Participación Veciñal, coa colaoración do movemento asociativo da parroquia de Lema, trasladou a figura ao centro social de Centeás, no que foi inaugurada cun emotivo e concorrido acto de recoñecemento ao gran artista e humorista que viviu durante anos nesta parroquia.

talla madeira xestal razo
Yosi tallando a Xestal en Razo

O programa está organizado pola Concellaría de Medio Ambiente coa colaboración de entidades como a Asociación Ambiental Senda Nova, a Asociación para a defensa ecoloxica de Galiza (Adega), o Grupo Naturalista Hábitat, a Asociación Astronómica IO, a Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma), Balonmán Xiria, Ecovidrio e Gadis.

Comentarios