sábado. 31.05.2025
El tiempo

O Mercado de Carballo convertirase nun “Laboratorio de cociña”

  • A Deputación impulsa en Carballo un centro experiencial para promocionar a gastronomía local nos mercado.
  • O proxecto, que conta cun orzamento de 30.000 euros financiados pola UE, enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Os Fogóns dos Anllóns.
Degustacions no Mercado de Carballo
Imaxe dunha degustación de pinchos no Mercado de Carballo
O Mercado de Carballo convertirase nun “Laboratorio de cociña”

Hai poucos exemplos mellores que o de Carballo en todo país de como sobre como revivir un Mercado de Abastos. Ademais de convivir de xeito inmellorable co feirón dos xoves e dos domingos, téñense feito ducias de campañas para darlle vida, como convertilo en escenario/auditorio para eventos tan singulares como o Carballo Interplay, nunha escola de consumo e saúde, ou no epicentro das feiras como a de Bercamel; promover campañas de atracción como regalar as plantas de temporada retiradas dos xardíns municipais, ou acoller numerosas charlas como a de lactancia desenvolta onte.

Son xeitos de achegar á xente ao mercado, e aproveitar ese movemento para que os postos teñan máis vida. Unha das actividades que mellor funcionan son as degustacións. Xa o teñen comprobado coas xornadas de degustacións realizadas polo Obradoiro Dual de Emprego de Hostalería realizado o Fórum Carballo nos pasados cursos, servindo de experiencia profesional para o alumnado e de experiencia gastronómica para os clientes, que poden probar un pincho mentres fan as súas compras.

E seguindo precisamente esa liña, Concello e Deputación lanzan unha nova iniciativa para poñer en valor a gastronomía local como un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico. A través do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Os Fogóns dos Anllóns, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, van crear o ‘Laboratorio de cociña. Creación do centro experiencial de gastronomía local nos mercados’.

Así o asinaron onte o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha da un proxecto enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Os Fogóns dos Anllóns.

Xosé Regueira como responsable provincial da área de turismo xunto co alcalde carballés Evencio Ferrero
Xosé Regueira como responsable provincial da área de turismo xunto co alcalde carballés Evencio Ferrero

Con esta intervención búscase poñer en valor a gastronomía local como un recurso estratéxico para o desenvolvemento turístico, apostando pola creación dun espazo dotado co equipamento necesario para realizar actividades culinarias, formativas e divulgativas. Así pois, contémplase como un recurso para a creación de produtos e experiencias turísticas, mediante a dotación de equipamento de cociña que permita unha inmersión dos turistas nunha contorna adecuada.

“A nosa estratexia turística pasa por situar a gastronomía como principal destino, que ademais de atraer visitantes é quen de contribuir á mellora socioeconómica da contorna, xerando oportunidades para a veciñanza, fomentando o emprendemento da mocidade e contribuíndo á fixación de poboación nos núcleos máis pequenos”, sinalou o vicepresidente. “Neste sentido, este proxecto que ademais se enmarca nun produto turístico de tan alto nivel como é Os Fogóns do Anllóns, é un claro exemplo de posta en valor dos nosos produtos e produtores e produtoras, e tamén deses espazos que son comunidade, historia e identidade: os mercados”.

Ademais, con esta iniciativa preténdese fortalecer o sector da restauración local mediante accións formativas que lles permitan incorporar os valores culturais e gastronómicos do territorio á súa oferta, así como favorecer a participación de produtores de quilómetro 0 e cociñeiros e cociñeiras da contorna na promoción conxunta dos produtos locais. Tamén se busca aproveitar a situación do mercado para a promoción da gastronomía do Anllóns.

Máis novas do proxecto

Comentarios