Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Miñones asegura que o Goberno Central ten investido 2,1 millóns de euros en Carballo este ano

Visita do Delegado de Goberno a Costa da Morte
Miñones asegura que o Goberno Central ten investido 2,1 millóns de euros en Carballo este ano

Ademais da visita á Xunta Local de Seguridade, o delegado do Goberno, José Miñones, achegouse a Carballo para lembrar os proxectos que ten en marcha no concello. O proxecto principal que apoia o Ministerio con Fondos Europeos é o Cicl-ando Carballo no que 1,6 millóns de euros estatais servirán para construír 18 km de carrís bici pola vila.

Tamén lembrou Miñines as axudas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que en Carballo chega co Plan de Extensión de Banda Ancha que impulsa o Ministerio para Asuntos Económicos e de Transformación dixital. Un plan que permitiu que 55 núcleos do rural carballés dispoñan xnun futuro cercano de banda ancha de alta velocidade nos seus domicilios e empresas.
O obxectivo do Goberno é alcanzar o 100% de cobertura de banda ancha de alta velocidade en Galicia antes de 2025. “É unha das medidas que buscan “dinamizar o rural e afrontar o reto demográfico”, sinalou.

Tamén apuntou os 17.000€ que o Goberno cede ao Concello para a loita contra a violencia de xénero.

Comentarios