Luns. 13.07.2020
El tiempo

“Moitos compañeiros dinnos que agora non entenderían a Policía Local sen a XESPOL”

Manuel Fuentes Fraga e Katerina Sanchez presentando a XESPOL
Manuel Fuentes Fraga e Katerina Sanchez presentando a XESPOL
“Moitos compañeiros dinnos que agora non entenderían a Policía Local sen a XESPOL”

Moitos pensamos que Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e mesmo os Xulgados comparten información en completas bases de datos coa información de cada cidadán. Nada máis lonxe da realidade. Nin sequera os corpos de seguridade por separado contan cun sistema informatizado para manter o seguemento da súa poboación. Pero a cousa está cambiando, polo menos nas Policías Locais do país, gracias á vontade de servizo público de dous policías carballeses.

Igual que moitas empresas que dan o salto dixital, as Policías Locais que proban a XESPOL, non se lembran como puideron traballar sen ela. Falamos da ferramenta que está cambiando o día a día de centos de Policías Locais de toda Galicia. A Plataforma de Xestión Policial (XESPOL) foi creada polos carballeses Katerina Pena Suárez e Manuel Fuentes Fraga, o que levou a entidades como UGPOL, o seus compañeiros da Policía Local ou mesmo a Mesa pola Normalización (está en galego), a enviarlles unha felicitación pública.

A meirande parte dos concellos da comarca (A Laracha, Camariñas, Muxía, Cee, Carnota ou Vimianzo xa o teñen, e están esperando Malpica, Coristanco, Fisterra, Malpica…) e varias das grandes cidades do país xa están instalando esta plataforma que permite homoxeneizar todas as accións que pode facer ao longo do día un Policía Local, creando ademais unha base de datos fundamental para manter un seguemento de cada poboación.

Unha historia de máis de 20 anos

Temos que remontarnos ao ano 98 para falar desta historia de “servizo público”. Manuel Fuentes Fraga fixo daquela unha ferramenta semellante, sen ter coñecemento específicos de informática, pero para ir protocorizando a través documentos escritos. “Estábamos perdendo moita información, e pensei que tiñamos que facer unha base de datos”, sinala comezando.

Daquela a administración traballaba cun programa chamado Lotus, arredor da cal Fraga foi desenvolvendo unha aplicación que estivo funcionando en Carballo durante 20 anos. “Parece incrible que a Policía Local a século XXI non teñamos, nin sequera as grandes cidades, unha ferramenta unificadora”, explícanos aos que pensamos que todas as forzas de seguridade e da xustiza comparten documentación.

No 2017 entrou a traballar Katerina Pena, e pasado un tempo comezou a ver as carencias que tiña a antiga aplicación. Fraga, que dende ese ano traballa unicamente en oficina, púxose a facer unha Base de Datos para non ter que volver a traballar cos documentos impresos. A partir de aí os dous, no seu tempo libre se puxeron a traballar nunha nova ferramenta.

Nese momento enteirouse un inspector, e quería ver que estaban facendo, dando conta que dos 140 concellos que hai Galicia con corpo de Policía Local, a meirande parte non teñen unha aplicación integral.

Unha aplicación que permita facer un rexistro de chamadas, outro con accidentes, obxectos perdidos, partes de servizo… “Unha xestión integral, con todas as vicisitudes que poida facer un Policía Local”, explica. Puxeron centos de horas do seu tempo de lecer, documentándose ademais con ducias de entrevistas con compañeiros, con postos intermedios, personalidades do eido xudicial…

“Fixemos unha ferramenta no noso tempo de lecer, querémolo ceder gratuitamente e non nola queren”

En marzo de 2018, da Academia de Policía invitaronos a presentar XESPOL, que aínda era un xérmolo para 25 corpos de Policía Local de Galicia. “Aí nos demos conta das carencias que tiñan os corpos de Policía”. Moitos concellos comezaron a interesarse pola cesión (“gratuita”) da plataforma, pero a resposta non foi igual en todas as porras.

Carballo non quixo ser o Concello pioneiro por estar utilizando unha aplicación desenvolta por unha empresa do sur de España. A Dirección Xeral de Emerxencias, que coordina as Policías Locais, mesmo puxo en dúbida as intencións dos creadores, e despois que pasar o filtro de AMTEGA, aínda estñan esperando unha resposta. A Xunta non quixo firmar ningún documento, as Deputacións tampouco fixeron moito caso, e a FEGAMP non acudiu á reunión, polo que comezaron a presentar persoalmente concello a concello. “Sentímonos ninguneados”, lamenta, cando o seu único interese é facilitar o traballo dos compañ[email protected]

A realidade é que unha plataforma coma esta pode supoñer un orzamento para a Xunta de ata 2 millóns de euros, moitos cartos correndo por aí para que a Xunta acepte unha plataforma gratuita.

Espallándose

Así e todo a Plataforma segue espallándose polo país. Ademais de continuar coas melloras técnicas (a última versión tamén ten inserido o rexistro de violencia de xénero e doméstica), eles mesmos están facendo o traballo “comercial”, achegándose aló onde lle piden axuda. A app ten moita implantación na provincia de Pontevedra, e están en conversas con cidades grandes. “A día de hoxe o meu tempo libre dedícollo integramente á Xespol, e agora toca desprazarnos para presentalo polos concellos que se interesan. Temos unha lista de espera tremenda, pero como só somos dúas persoas e un Policía Local retirado que nos axuda ca formación, é complicado”.

“Falicita e adianta moitísimo o traballo”

Plataforma Xespol en Cee

Manel López, dende Cee, recoñece que “falicita e adianta moitísimo o traballo”, destacando que “vai creando unha de datos interna gardando todos os datos dos informes que vas subindo”. Explica que “facilita todo tipo de actuacións no eido civil, penal, con dilixencias, normativas… Hoxe tes un informe, identifícas esa persoa e xa che queda gardada”, explica.

Unha das cousas máis importantes é que “sempre actualizada”, e conta con enlaces a todas as páxinas que usan os axentes, como o Padrón, Tráfico, a Deputación… “Nós antes, para facer consultas sobre matrículas, tiñamos que acceder ás bases de datos de Tráfico. Agora de feito, cando instalemos as tablets conectadas xa o poderemos facer dende o coche”, explica dando conta de que por agora a ferramenta só está instalada nas computadoras das oficinas pero que en breve instalarán tablets nos vehículos.

Novas relacionadas

 

comentarios