Martes. 15.10.2024
El tiempo

Mondra invade Carballo coa súa música

Mondra en Carballo con Alpendre
Mondra invade Carballo coa súa música

Unha das voces emerxentes do panomara musical galego chega a Carballo! Mondra, que vén de lanzar o seu primeiro LP, “Arden”, estará da man da Asociación Cultural Alpendre, na capital carballesa este sábado 14 de outubro.

Faino por partida doble, e no marco da programación do Alprende 0. Unha vez feitos os obradoiros do pasado 30 de setembro, con esta liña de poñer o trad, a música tradicional, na vangarda musiqueira.

A xornada comezará coa participación de Mondra nunha Tradpill ás 19:00h na Biblioteca Rego da Balsa. As Tradpills é un formato que creamos e onde emprendedores creativos explican a súa experiencia e mesmo fan unha demostración da mesma. Neste caso, Mondra servirá de primeiro exemplo de emprendemento xoven desde a creatividade artística, pero están planificadas novas tradpill con emprendedores creativos desde a gastronomia, artesanía,...

Estas tradpill están enfocadas para un público xoven, adolescentes e xente nova (ou non tan nova) que teña proxectos en mente e para que poidan dar ese primeiro paso tendo como referencia as experiencias dos relatores das tradpill.

Para as tradpill será necesario reservar praza nesta ligazón

Concerto

Como toda tradpill terá sempre unha mostra práctica do bo facer de cada un dos participantes que vaian pasando ao longo do curso, Mondra fará o seu dando un concerto ese mesmo día ás 23:00h na Rúa Jacinto Amigo Lera, ao carón da Praza do Concello.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Alprende (@escola_alprende)

Comentarios