luns. 17.03.2025
El tiempo

Música e literatura fúndense no novo Curruncho Pop carballés

Curruncho POp Carballo 2025
Música e literatura fúndense no novo Curruncho Pop carballés

Para axitar aínda máis a axenda cultural do Concello de Carballo, volve unha nova edición do ciclo de concertos Curruncho Pop. Será a 9ª edición deste ciclo organizado pola Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística, e que volverá encher de música, e este ano tamén de literatura, a Biblioteca Rego da Balsa.

E este ano abre o cartel co valenciano Alberto Montero, que acudirá coa súa banda para presentar o seu novo disco, Ciudad dormida, no único concerto que ofrecerá este ano en Galicia. A cita será este sábado 15 de febreiro ás 20:00h.

Para o sábado 15 de marzo, ás 19:30h, toca a presentación do libro ‘The Byrds. Más jóvenes que ayer’ de Fernando López, e concerto de Os Birdiños.

O sábado 26 de abril, tamén ás 19:30h, Rafa Cervera traerá o seu libro ‘The Velvet Underground’, xunto con Pedro Granell, e nunha velada aderezada pola música de Os veludos soterrados.

E xa para rematar o sábado 24 de maio (19:30h), presentación do libro ‘Lux and Ivy. Una cita con los Cramps’, de Juanjo Mestre, e concerto de As Cambras.

Comentarios