Fotografía, cine, música literatura e teatro na poderosa Axenda carballesa

Mete medo a axenda carballesa para esta finde do marco do programa de Cultura con Forza, con propostas de arte, a fotografía, a literatura o cinema e, sobre todo, o teatro.
Onte arrincaba xa a actividade coa inauguración do libro "Homes e Mulleres de Ferro e Sal", coas impresionantes mulleres de Xesús Búa no Salón de Actos do Pazo da Cultura.
Moito teatro
Xa ao longo da mañá de hoxe, e tamén a de mañá, a compañía Amorodio achegarña a peza "A nai" a 480 nenos e nenas de 4º da ESO dos IES Alfredo Brañas, Monte Neme e Parga Pondal de Carballo; do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; do IES Eduardo Pondal de Ponteceso; do IES Urbano Lugrís de Malpica; e do CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda.

Máis teatro tamén na nova sesión Venres Culturais. Neste marco, Go home! é a proposta que presentan os humoristas David Amor e Josito Porto en clave de humor.
A cita para será o venres 14 de febreiro ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo, dirixido a público adulto, é de 90 minutos. O prezo da entrada é de 7 €, 4 € con prezo reducido. Colabora a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Os Venres Culturais continúan o domingo 16, neste caso con Monstros, de PT Excéntricas, dirixida a público familiar, creada por María Lado e Lucía Aldao e dirixida por Marcos Orsi.
Nenas e nenos a partir de 4 anos poderán desfrutar con esta proposta o domingo 16 de febreiro ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo é de 55 minutos. O prezo da entrada é de 7 €, 4 € con prezo reducido. Colabora a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Cine sobre Palestina
A axenda cultural en Carballo complétase cunha nova proxección do ciclo de cine euroárabe AMAL en ruta, promovido pola Fundación Araguaney – Ponte de Culturas. Nesta quenda o filme é unha longametraxe de ficción titulada To a land unknown.
A cita é o xoves 13 de febreiro ás 20.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura. A entrada é libre ata completar o aforo. A duración da película é de 105 minutos.
Música no Curruncho Pop
Arrinca a música co programa do Currucnho Pop, este Sábado 15 de febreiro, ás 20:00h, co concerto de Alberto Montero na Biblioteca Rego da Balsa.
Exposición
Continúa aberta ao público a exposición O son do nordés, da artista plástica vinculada a Carballo Loli España. Pode visitarse até o 28 de febreiro en horario de 17.00 a 21.00 horas na sala do andar -1 do Pazo da cultura. Organiza a Concellaría de Cultura.