Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Nadal Pequespectacular completa o programa carballés

Postal ganadora do Certame de Nadal de Carballo
A postal de Aroa Limideiro (11 anos do CEIP Artai) foi a gañadora do certame
O Nadal Pequespectacular completa o programa carballés

Completísimo o programa de Nadal do Concello de Carballo. A maior oferta de espectáculos infantís, obradoiros, xogos, animación de rúa... para encher Carballo co espírito do Nadal.

Mato Neno no Nadal de Carballo

Un dos pratos fortes da programación é o Nadal Pequespectacular, tres espectáculos para os cales xa podes mercar as túas entradas de xeito anticipado na plataforma propia billeteira.carballo.gal ou agardar ao mesmo día da función e adquirilas no Pazo da Cultura. Este ano a proposta da Concellaría de Cultura teaer maxia, teatro e música. O día 26 teremos no auditorio do Pazo da Cultura ao Mago Teto; o 27 desfrutaremos en familia co espectáculo Crisálida, de Caramuxo Teatro, e o 28 bailaremos ao son de María Fumaça, e todas as citas serán ás 18.00 horas.

Programa Nadal Cultural 2023_reducido copia

Pero o Nadal máis cativo xa empezou coa visita do Apalpador ás escolas rurais, unha iniciativa da Asociación Ambiental Senda Nova, que é unha das entidades que colabora na programación xunto co Centro Social San Xoán Bautista, Aspaber, Cruz Vermella, a Escola de Idiomas, o CMUS, as asociacións San Salvador de Sofán, Ribeiras do Anllóns, San Campio de Cances, O Candil, Fogar da Xuventude, Pais Católicos, Baldaio, Santa María de Ardaña e todas as que organizan as cabalgatas en Ardaña, Verdillo, Sísamo, Lema, Cances e Sofán.

O 22 será un dos días grandes deste Nadal, porque o Servizo de Normalización Lingüística achega á programación unha gran cita familiar: a Festa de Apego, con actividades para nenos e nenas de cero a seis anos de idade. Contarán con Anxo Moure interpretando ao Apalpador e unha gran foliada na que participarán as agrupacións locais de música tradicional. Permanecede atentos/as, porque será preciso inscribirse.

Despois da fin de semana de Noiteboa e Nadal, as concellarías de Igualdade, Mocidade e Feiras e Mercados xuntan forzas tamén para dinamizar o mercado municipal con actividades infantís e xuvenís que contribúan á conciliación familiar e que supoñan, ademais, unha oportunidade para traballar en igualdade, solidariedade e promoción do xoguete non sexista dende unha perspectiva lúdica. Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro, de martes a venres polas mañás, haberá talleres de cociña e moitas outras actividades para nenos e nenas de 6 a 12 anos. En total contaremos con 72 prazas, que xa están cubertas.

Este ano incorporamos á programación unha actividade para mozos e mozas maiores de 15 anos. Cambio climático no prato é unha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que se desenvolverá o día 22, de 17.00 a 19.00 horas, no mercado municipal, e na que contaremos co cociñeiro Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas, para dirixir un obradoiro de cociña sustentable. O prazo de inscrición está aberto xa no enderezo electrónico [email protected].

Xa no 2024 despedirán o Ano do Xestal coincidindo co 31 cabodano de Carlos Díaz, o 4 de xaneiro. Arredor da exposición O Xestal, unha vida de conto, que está aberta no Pazo da Cultura, desenvolveranse dúas actividades: unha visita guiada o xoves 28 de decembro, ás 17.00 horas (inscrición previa en [email protected]), e o acto oficial de clausura do Ano do Xestal cunha nova visita guiada á exposición e a actuación musical do Colectivo Xestal o xoves 4 de xaneiro ás 19.00 horas. 

E o día 5 pola tarde chegará a outra gran cita das vacacións: a cabalgata de Reis! Con saída ás 17.00 horas e o percorrido polas zonas habituais, e a tradicional recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar na casa do concello.

Programa completo

Programa Nadal Cultural 2023_reducido copia2

Programa Nadal Cultural 2023_reducido 3

Comentarios