A nova edición do "Cultura con forza" trae a Carballo 25 eventos nos vindeiros 3 meses
- Amal en Ruta, os Venres Culturais, Primavera enDanza, A través da lente e catro exposicións, entre outras citas, conforman este programa que arrinca o 30 de xaneiro

Presentou onte o Concello de Carballo a nova programación para os vindeiros meses, baixo o paraugas do "Cultura con Forza". Máis de 25 propostas culturais encherán a vila de vida dende o 30 de xaneiro ata o mes de abril.
Os tres representantes quixeron lembrar así mesmo a importancia este ano da música tradicional, do folclore e das cantareiras, a quen están este ano dedicado o Día das Letras Galegas e que tamén terán o seu espazo destacado en Cultura con Forza.
Con esta programación, Carballo segue a ser o escenario cultural da comarca pola diversidade da oferta, cunha ampla variedade de citas dirixidas a públicos diversos, distintas disciplinas artísticas ou diferentes estilos.
O programa integra varios ciclos de longa traxectoria ofertados pola Concellaría que se desenvolverán no Pazo da Cultura: Venres Culturais, á Mostra de Cine euroárabe Amal en Ruta ou a Primavera enDanza. Ademais, neste 2025 retoman a iniciativa A través da lente, un encontro para os amantes da fotografía e da imaxe.
En total son:
• 5 longametraxes de Amal en Ruta,
• Venres Culturais con 4 espectáculos de teatro para adultos,
• 2 espectáculos do ciclo En Familia
• 1 de música
• 5 espectáculos de danza da XXIII edición de Primavera enDanza, un deles do ciclo En Familia
• 4 exposicións
• 5 citas A través da lente
VENRES CULTURAIS
• Venres 7 de febreiro - 21.00 horas. Teatro. Butacazero (Galicia). O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada
• Venres 14 de febreiro - 21.00 horas . Teatro. David Amor e Josito Porto (Galicia). Go home!
• Domingo 16 de febreiro - 18.00 horas. Teatro en familia. PT Excéntricas (Galicia). Monstros
• Venres 21 febreiro - 21.00 horas. Teatro. Ibuprofeno Teatro (Galicia). Reconversión
• Venres 14 marzo - 21.00 horas. Teatro. Talía Teatro (Galicia). Un deus salvaxe
• Venres 21 marzo - 21.00 horas. Música. MICE Museo do Pobo Galego (Galicia). 586 Cantos
• Domingo 23 de marzo – 18.00 horas. Teatro xestual. Elefante elegante (Galicia). Kyoki
As entradas para estes espectáculos estarán a venda de xeito anticipado a partir do venres 24 de xaneiro ás 9.00 horas en <billeteira.carballo.gal>. Tamén será posible a venda directa o mesmo día do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura dende 90 minutos antes de cada actuación. Tamén estarán dispoñibles entradas para personas con dificultades visuais e/ou auditivas.
AMAL EN RUTA – MOSTRA DE CINE EUROÁRABE
• Xoves 30 xaneiro - 20.00 horas. The teacher
• Sábado 1 febreiro- 20.00 horas. Inshallah walad
• Xoves 6 febreiro - 20.00 horas. The old oak
• Xoves 13 febreiro - 20.00 horas. To a land unknown
• Xoves 20 febreiro - 20.00 horas. By bye Tiberias
• O acceso ás proxeccións será de balde ata completar o aforo.
PRIMAVERA ENDANZA
• Venres 28 marzo – 21.00 horas. Paula Quintas (Galicia). Aurora Boreal. ESTREA ABSOLUTA.
• Sábado 29 marzo – 20.30 horas. Marta Alonso (Galicia). Sofá
• Sábado 5 abril – 20.30 horas. Lali Ayguadé (Cataluña). Together to get there
• Domingo 6 abril - 18.00 horas. En Familia. Lowland Performing Arts (Cataluña). Cometa
• Venres 11 abril – 21.00 horas. Daniel Rodríguez (Galicia). Transeúnte
As entradas para estes espectáculos estarán a venda en <billeteira.carballo.gal>. Tamén será posible a venda directa o mesmo día do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura dende 90 minutos antes da actuación.
A TRAVÉS DA LENTE
• Mércores 12 febreiro – 19.30 horas. Presentación do libro de fotografías de Xesús Búa Homes e mulleres de sal e ferro
• Mércores 26 febreiro – 19.30 horas. Visita guiada da exposición do 18º Premio de creación fotográfica Luis Ksado.
• Os mércores 12 e 26 de marzo e 9 de abril - de 19.30 a 21.00 horas. Curso Na procura do estilo fotográfico a cargo de Ángel Cordero Gómez.
• Xoves 20 marzo – 20.00 horas. Proxección do documental Dorothé na vila.
• Xoves 10 abril – 20.00 horas. Acto de entrega de premios e inauguración a exposición do XXVII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís.
• Mércores 23 de abril – 19.30 horas. Visita guiada á mostra do XXVII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís.
Todas as citas son de balde.
EXPOSICIÓNS
• 13 de xaneiro a 1 de febreiro. XVIII Premio Arte Gráfica Jesús Núñez
• 31 de xaneiro a 28 de febreiro. O son do nordés de Loli España
• 28 de febreiro a 18 de marzo. 18º Premio de creación fotográfica Luis Ksado
• 10 de abril a 10 de maio. XXVII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís
Todas as exposicións poden verse en horario de 17.00 a 21.00 horas, de luns a sábado.