Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Nova serie de xuntanzas informativas arredor do Plan Especial Pedra do Sal

Comezan as obras de urbanización da zona dos Baños Vellos
14102021 pedra_do_sal (2)
Reunión no Centro Social de Imende
Nova serie de xuntanzas informativas arredor do Plan Especial Pedra do Sal

Continúa o Concello de Carballo abrindo ás portas á veciñanza na creación do Plan Especial de ordenación do núcleo de Pedra do Sal e de protección do seu entorno. Esta fin de semana, a veciñanza acodiu ao Centro Social de Imende para aclarar as dúbidas antes de que abra o prazo de información pública, que é de 2 meses.

Os técnicos do estudo Monteoliva Arquitectura debullou o proxecto de definición da actuación en 330.000 metros cadrados de solo rústico e de núcleo rura

Ao haber máis de 100 persoas inscritas o Concello decidiu facer outras xuntanzas as vindeiras semanas.

Obras na rúa Ourense

 

rua_ourense de Carballo

Xa está pechada ao tráfico a rúa Ourense, no treito comprendido entre Baños Vellos e Perú, para iniciar as obras de reurbanización que permitirán poñer en valor a contorna do balneario. O proxecto que se acomete agora, e que executará a empresa Excavaciones y Obras Candal, desenvolverase nas rúas Ourense e Baños Vellos, pero xa está adxudicada tamén a reurbanización da rúa Pontevedra, que comezará de seguido. O investimento aproxímase en total aos 450.000 euros. 

As dúas rúas serán de plataforma única, e durante as obras se renovarán as redes de saneamento e complementaranse as de gas, electricidade, telecomunicacións, alumeado e rega. O proxecto tamén prevé a plantación de arborado, e a instalación de mobiliario urbano e dunha fonte, no encontro das rúas, que será o elemento central dunha intervención artística para rememorar a historia termal do ámbito. 


 

Comentarios