Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Novas actividades en Carballo para bebés no programa APEGO

obradoiro_regueifa co APEGO en Carballo
Imaxe dun obradoiro realizado con Apego
Novas actividades en Carballo para bebés no programa APEGO

O programa APEGO, que trata de fomentar a transmisión do galego como lingua inicial entre a cativada do país, volve realizar unha serie de actividades en Carballo, dando conta de que cada día son máis as familias carballesas que apostan pola crianza con Apego ao noso idioma.

A próxima actividade programada para o mércores 25 de outubro, será un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a familias con fillos e fillas de cero a seis anos de idade. O prazo de inscrición está aberto no 981 704 048.

Máis actividades en nomembro

De aquí a final de ano seguirá a programación, e xa temos previstas para novembro dúas novas propostas: Baba-bebé, da Xanela do Maxín, o día 8, e A viaxe de Lup, con Sole Felloza, o 22. Se queres máis información ou formar parte das familias Apego só tes que achegarte ata o Servizo de Normalización Lingüística, na casa do
concello.

Comentarios