Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un novo accidente de tráfico sáldase coa vida dun mozo de 19 anos

Accidente mortal na Revolta-Carballo
Imaxe do accidente mortal
Un novo accidente de tráfico sáldase coa vida dun mozo de 19 anos

Esta madrugada de domingo, pasadas as 1:00h, un mozo de Ponteceso perdía a vida nun novo accidente de tráfico. O vehículo que conducía saíuse da vía cando circulaba pola AC-552, ao paso pola Revolta, e foi parar a unha leira levando por diante un poste de teléfono.

Para liberar a vítima, atrapada no interior do coche, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo, que, ademais, contaron coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tamén foi necesaria a participación axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, ao tempo que o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Comentarios