Sábado. 21.05.2022
El tiempo

Protección Civil de Carballo xa conta con 7 vehículos

Proteccion Civil de Carballo con Rueda
Protección Civil de Carballo xa conta con 7 vehículos

Recibiu esta fin de semana a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo no Monte do Gozo un todoterreno da Xunta, con 190 cv e control de descenso de pendentes para que o persoal poida circular por todo tipo de terreos para levar a cabo as súas intervencións coa máxima seguridade e eficacia.

Protección Civil de Carballo conta cun parque móbil formado por 7 vehículos, entre eles o camión motobomba adquirido a finais do ano 2019 polo Concello.
Nestes momentos a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo está integrada por 47 persoas, que se suman aos 8 traballadores e traballadoras do Servizo Municipal de Protección Civil, reforzado nesta época do ano con 3 auxiliares.

proteccion_civil_carballo

Novas relacionadas

comentarios