Novos cortes, desta volta, nocturnos, da AG-55
Tras unha semana de cortes de tráfico diurnos, tanto na AG-55 nas entradas a Carballo, como na AC-552 ao seu paso por Agualada, os traballos da campaña de conservación e reforzo do firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo (AG-55) fan necesario cortes en varios ramais en horario nocturno a partir do domingo, día 8.
As intervencións comezaranse pola ligazón 29 Carballo este, ramal de saída, que permanecerá pechado na noite deste vindeiro domingo ao luns, entre as 00,00 e as 06,00 horas.
Seguindo a programación da obra, os traballos continuarán na noite do luns ao martes, entre as 22,00 e as 06,00 horas, na ligazón 22 A Laracha, o que fará necesario o corte de carril lento e ramal de saída; e na ligazón 17 Paiosaco, co corte de carril lento e ramal de saída, para actuar no ramal de saída crecente.
Durante estas dúas xornadas será preciso cortar estes ramais, para o que se habilitarán as correspondentes alternativas de circulación, que estarán sinalizadas.