Luns. 29.04.2024
El tiempo

A recta final das obras da Senda de Agualada obriga a facer cortes de tráfico

Ponte de Agualada-Bormoio antes da senda
A ampliación da ponte sobre o río Calvar é unha necesidade imperante dende hai décadas
A recta final das obras da Senda de Agualada obriga a facer cortes de tráfico

A AC-552, ao seu paso entre Agualada e a Taberna da Ponte, sufrirá varios cortes no marco da recta final das eternas obras da senda peonil. O peche da circulación, que se prolongará entre o luns 2 de outubro e o 10 de novembro, é necesario para acometer a ampliación dunha estrutura na ponte sobre o río Calvar. Para minimizar a afección ao tráfico habilítase o correspondente desvío pola autovía da Costa da Morte, que estará debidamente sinalizado.

As obras da ponte son de imperiosa necesidade debido á estreiteza da mesma, e de feito, a obra está practicamente rematada, e só queda salvar a problemática da ponte.

Os traballos forman parte da construción de máis de 1,3 km de sendas na AC-552, que conta cun investimento de 777.000 €, e cuias obras deberían ter estado rematadas no verán de 2023, como as de Montecelo (entre Carballo e o Carrefour) se ben estas xa están executadas.

Comentarios