venres. 07.02.2025
El tiempo

Novos cursos de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga en Carballo

Día internacional del - 2
Novos cursos de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga en Carballo

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga.

O obradoiro de acollemento lingüístico vai destinado a persoas de fóra de Galicia, para entrar en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase a partir do 4 de febreiro nas Escolas do Xardín Agra de Caldas. 

As persoas interesadas poden inscribirse enviando a [email protected] un correo electrónico no que que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).

Día internacional del - 4

Tamén repiten os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, para os cales tamén está aberto o prazo de matrícula. Neste caso será preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse tamén nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 6 de febreiro.
As persoas interesadas pódense inscribir e/ou solicitar máis información mandando un correo electrónico co nome e apelidos e número de teléfono a [email protected].

Comentarios