Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O 90% do alumnado da BDT aproba os exames de acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 2

O 90% do alumnado da BDT aproba os exames de acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 2
Onte tivo lugar a entrega de notas no Forum de Carballo da man do alcalde, Evencio Ferrrero Onte tivo lugar a entrega de notas no Forum de Carballo da man do alcalde, Evencio Ferrrero O 90 % do alumnado do curso de competencias clave organizado pola Bolsa de Traballo - BDT - do concello de Carballo aprobou as probas de acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 2. As probas, convocadas pola Xunta de Galicia, celebráronse o pasado 21 de maio en Silleda, e onte coñecéronse os resultados. A BDT ofreceu a 50 persoas desempregadas a oportunidade de formarse nas áreas de coñecemento de lingua galega, lingua castelá, inglés e matemáticas para acadar o certificado que lles permitirá optar nun futuro a cursos de formación profesional para o emprego de nivel 2 , é dicir, aquela formación onde se requira para poder participar a titulación mínima da educación secundaria obrigatoria - ESO -. A entrega das notas tivo lugar onte no auditorio do Fórum Carballo coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que felicitou ao alumnado polos bos resultados colleitados nas probas. O alcalde tamén fixo entrega dos seus diplomas ás preto de 200 persoas que participaron nos oito cursos de prevención de riscos organizados durante os meses de maio e xuño pola BDT para usuarios e usuarias de sectores vinculados á construción.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios