O Consello Parroquial de Oza fai balance dos acordos da sesión anterior
09:52 15/06/17
Representantes dos veciños e veciñas de Oza reuníronse o pasado martes co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero
Os veciños e veciñas de Oza reunironse o pasado martes co fin de facer balance das peticións realizas polo Consello Parroquial na xuntanza do pasado mes de febreiro. A instalación de paneis de libre expresión en distintos puntos da parroquia, a información sobre a ordenanza que regula a extracción de madeira, a limpeza de cunetas e a mellora da rede viaria foron algunhas das peticións que xa están atendidas, ao igual que a maioría das reposicións, arranxos ou pequenas actuacións que solicitara a veciñanza.
Continúan sen resolver casoso como o da mellora da seguridade viaria na estrada Carballo-Razo. O alcalde, Evencio Ferrero, comprometérase a trasladar á Deputación da Coruña, titular da vía, a solicitude de instalación de pasos elevados, como reclamaban os veciños e veciñas, pero, aínda que a petición foi enviada, a Deputación optou por reforzar a sinalización. Na parroquia agardan que agora os condutores respecten os límites de velocidade, aínda que seguen pensando que os pasos elevados serían máis efectivos.
A xuntanza do martes - que durou algo menos dunha hora - converteuse nunha posta en común de preocupacións que comparten veciños e representantes políticos, como é o caso da mellora da seguridade viaria. Así mesmo, o alcalde anunciou que en breve comezarán as obras de ampliación do centro social e que tamén está prevista a posta en marcha dun plan de pavimentación con cemento de varios núcleos rurais, entre eles o de O Rodo. A mellora dos accesos ao Monte Neme e a posta en valor dese espazo como recurso paisaxístico e cultural tamén se puxeron sobre a mesa.
Novas relacionadas
- O Consello Parroquial de Razo céntrase no urbanismo e no turismo
- O Consello Parroquial de Cances pide un maior control sobre o uso indebido das infraestructuras públicas
- As obras centran o primeiro consello parroquial de Sísamo
- Rematou superando espectativas a primeira fase de constitución dos 17 Consellos Parroquiais de Carballo
- 300 persoas xa forman parte dos Consellos Parroquais de Carballo.
- A metade das parroquias de Carballo xa teñen Consellos Parroquiais.
- Os pioneiros Consellos Parroquiais carballeses seguen formándose.
- Comezan as reunións en Ardaña e en Oza para a constitución dos Consellos Parroquiais.
- Agora/Ágora, unha proposta anónima de participación cidadá dende a Costa para o mundo electoral.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Concello de Carballo