Domingo. 19.05.2024
El tiempo

O Consello Parroquial de Razo céntrase no urbanismo e no turismo

O Consello Parroquial de Razo céntrase no urbanismo e no turismo
consello-parroquial-razo O pasado martes celebrouse o Consello Parroquial de Razo O crecemento urbanístico e a promoción turística foron os principais temas que se abordaron no Consello Parroquial de Razo celebrada o pasado martes. O alcalde explicou durante a xuntanza que, dentro do PXOM, a ordenación dos ámbitos de Razo e Baldaio quedou supeditada á posterior elaboración de cadanseu plan especial. "Nestes momentos o concello de Carballo está traballando nos pregos para sacar a licitación a redacción dos plans, que, igual que se fixo co PXOM, expoñeranse ao público e poderán facerse alegacións", aclarou Evencio Ferrero. De todos os xeitos, o alcalde insistiu en que a última palabra correspóndelle á Xunta, e nese sentido lembrou que o documento consensuado pola corporación e enviado a Santiago non foi o mesmo que se aprobou finalmente debido, precisamente, ás modificacións que obrigou a facer a consellería de Ordenación do Territorio. A veciñanza tamén quere que se arranxe a vía de Porriños e que se tomen medidas para evitar novos derrubamentos, e nese sentido pediron que o concello de Carballo “presione” a Costas para actuar. Tamén propuxeron mellorar a accesibilidade á praia e aos aseos, buscar un emprazamento alternativo ao aparcamento para as autocaravanas, un paseo marítimo de Razo a Baldaio, rematar o carril bici de Carballo a Razo, instalar mesas e bancos de pedra na zona de xardín e potenciar o surf. Tamén se interesaron pola recuperación da bandeira azul e polo control dos vertidos á praia, para os que pediron sancións. Ademais parte dos aspectos relacionados co turismo, entre as numerosas peticións recollidas na xuntanza do martes tamén figuran melloras viarias, beirarrúas, colectores, cursos e actividades varias, sinalización, reposición de puntos de luz, un parque biosaudable para as persoas maiores ou a substitución dos equipos informáticos do local social, entre outras.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios