Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O custe do mantemento das instalacións deportivas carballesas municipais ronda o medio millón de euros

O custe do mantemento das instalacións deportivas carballesas municipais ronda o medio millón de euros

Presentaba esta pasada semana o Concello de Carballo as cifras de investimento en materia deportiva municipal ante o Consello Deportivo Municipal. O Concello incentivou o ano pasado a actividade das entidades deportivas con 645.501 euros en subvencións, dos cales 444.526,96 euros corresponden ao uso de instalacións, cuxo custe asume o Concello de Carballo de forma íntegra.

A maiores, a actividade das entidades foi incentivada con achegas económicas directas, tanto a través de subvencións nominativas (65.000 euros) coma de libre concorrencia (135.974,52 euros).

En todo caso este investimento vense avalado polas cifras de usuarios. As instalacións deportivas municipais remataron o ano con 4.442 abonados/as, un 13% máis ca no 2017. Ademais, as instalacións que precisan tarxeta de abonado/a (salas fitness e piscinas) rexistraron máis de 165.000 accesos.

Nestes momentos están a disposición das entidades, polo tanto, dúas piscinas climatizadas, 8 pavillóns, 2 ximnasios, 4 campos de fútbol e o circuíto do motor. No seu conxunto, todas estas instalacións rexistran 1.488,25 horas de uso á semana, é dicir, 211,75 horas ao día.

Comentarios