mércores. 07.05.2025
El tiempo

O goberno de Carballo adxudica varias obras por 378.000 euros

O goberno de Carballo adxudica varias obras por 378.000 euros
skate-praza-carballo A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar as obras de contrucción dunha skate-praza situado xunto á biblioteca Rego da Balsa A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou na súa sesión ordinaria de onte luns a adxudicación de obras por un importe total de 378.170,98 euros. Máis do 60% desa cantidade vai destinada a seguir estendendo o servizo de saneamento polas parroquias. En concreto, neste caso inclúese, por unha banda, a rede dos lugares do Cadabuxo, A Ermida e A Rachola, na parroquia de Sofán, que executará a empresa Construcciones Vázquez y Reino cun orzamento de 72.766,98 euros. O prazo de execución é de catro meses a partir da sinatura do contrato. Por outra banda, a empresa Construcciones López Cao resultou adxudicataria, por 160.204 euros, das obras da rede de saneamento de Vilar de Cidre, na parroquia de Razo, cun prazo de execución de cinco. Skate-Praza no Rego da Balsa Onte tamén se adxudicou un proxecto pioneiro na Costa da Morte e que conta con gran demanda por parte, sobre todo, da xente nova: a skate-praza que se situará xunto á Biblioteca Rego da Balsa, e que cubrirá esa dobre función de praza pública e circuíto de skate. Neste caso a execución corresponderá á empresa Construcciones López Cao, que dispón dun orzamento de 145.200 euros e un prazo de catro meses. O proxecto da skate-praza ten dúas finalidades principais. Desde o punto de vista urbanístico, completar a ordenación do solo de equipamentos cunha solución que dea continuidade ao importante espazo dinamizador que xa é a Biblioteca Rego da Balsa e convertendo esa mazá nun elemento xerador de urbanidade de cara ao futuro desenvolvemento de todo ese ámbito. Desde o punto de vista social, a nova praza, deseñada polo mesmo arquitecto que a biblioteca, mantén a filosofía de flexibilidade, dinamismo e intercambio social. Partindo desas premisas, o novo espazo converterase nunha continuación do patio central da biblioteca, no que poderán realizarse actividades de bibliopraza e que contará cunha zona de extensión da biblioteca infantil con pavimento de caucho e xogos. Tamén se creará unha zona de estancia con sol e sombra para usuarios/as de diferentes idades, unha franxa arborada e pavimentada para a práctica do baile ou slalom, e unha skate-praza pensada para o público adolescente e non tanto que vén reclamando este tipo de equipamentos, vinculados aos espazos multimedia e de cómic existentes no interior do edificio. Na imaxe podedes ver unha recreación. Outros asuntos Na Xunta de Goberno  tamén se aprobaron vaos, licenzas urbanísticas e outras propostas, como a subvención anual á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, por importe de 25.000 euros; a solicitude de sete cursos do programa AFD da Xunta; o convenio anual coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e outro co CEIP Xesús San Luís Romero para a utilización do pavillón deportivo fóra do horario lectivo. Melloras urxentes contrato-melloras-rede-abastecemento-carballo O alcalde de Carballo e o representante da empresa Construcciones Vázquez y Reino asinaron onte un contrato Por outra parte, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou hoxe coa empresa local Construcciones Vázquez y Reino o contrato para a execución do proxecto de “Melloras urxentes nas redes de abastecemento e saneamento de Carballo”, incluído no canon da auga do ano pasado. O concello investirá un total de 134.068 euros en pequenas actuacións que, sen embargo, permitirán mellorar o servizo en varias zonas urbanas e rurais. O prazo establecido para levar a cabo as obras é de tres meses. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios