xoves. 19.06.2025
El tiempo

O pleno de Carballo súmase á loita por una tarifa eléctrica máis baixa

O pleno de Carballo súmase á loita por una tarifa eléctrica máis baixa
Representantes da CIG presentaron no Rexistro máis de 18.000 sinatura a favor da niciativa Lexislativa Popular Representantes da CIG presentaron no Rexistro 18.000 sinaturas a favor da niciativa Lexislativa Popular Cos votos a favor do BNG, o concello de Carballo aprobou na sesión plenaria do pasado luns a moción de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular - ILP - de medidas contra a pobreza enerxética e para garantir a enerxía como servizo público, que promove a CIG. Os grupos municipais do PSOE, PP e TEGA votaron en contra da mesma. A Unión Local da CIG de Carballo agradeceu o apoio amosado polo BNG, pois entende que os veciños e veciñas e as empresas da vila deberían reducir o prezo que pagan pola electricidade, tal e como se defende na iniciativa da central sindical. Ao mesmo tempo lamentou que tanto o PSOE como o PP e TEGA non deran o seu voto favorábel ao texto, xa que aplicar as medidas propostas pola CIG sería beneficioso para o conxunto dos veciños deste Concello. A CIG sorpréndese da actitude do grupo socialista, "xa que noutros concellos onde a moción foi presentada o PSOE votou a favor da mesma ou, no peor dos casos, optou por absterse". A este respecto, Indalecio López - responsábel da CIG de Carballo - criticou que, fronte ao discurso de defensa da maioría social que o PSOE de Pedro Sánchez está a predicar nesta precampaña, o grupo municipal da formación da rosa rexeite unha medida para facilitar o desenvolvemento económico e industrial de Galiza e para garantir o dereito universal de toda a poboación ao consumo enerxético. Nesta liña, lamentou tamén que industrias asentadas na comunidade, de grande importancia para a economía galega, pechen ou fagan despedimentos masivos, entre outros motivos polos altos prezos da electricidade, o que aumenta así o desemprego e a emigración. Unha situación que está a provocar que a nosa terra vaia camiño de se converter “nun deserto industrial sendo como é unha terra rica en recursos, e entre eles, a electricidade”, destacou. A ILP da CIG basease no valor estratéxico que para Galiza ten o sector enerxético, polo que resulta fundamental poder deseñar e aplicar unha estratexia propia. "Somos un país produtor, excedentario e exportador de enerxía, pero á hora de estabelecer o prezo da electricidade non se ten en conta esta singularidade, ao existir un marco tarifario único para todo o estado", indican dende o sindicato. "Un criterio prexudicial para Galiza ao tratar por igual os/as consumidores/as dos diferentes territorios, sen ter en conta a súa achega como produtores de enerxía". Co fin de levar esta ILP a debate parlamentar, a CIG presentou no rexistro do Pazo do Hórreo as máis de 18.000 sinaturas recollidas (das que foron validadas 17.835) desde o mes de xullo. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • CIG
Novas relacionadas  

Comentarios