xoves. 15.05.2025
El tiempo

O servizo de axuda no fogar de Carballo realizou máis de 33.000 horas durante o ano pasado

O servizo de axuda no fogar de Carballo realizou máis de 33.000 horas durante o ano pasado
O concello de Carballo prestou o ano pasado un total de 33.037,98 horas de axuda no fogar para atender as necesidades de 120 persoas. A maior parte son dependentes - un total de 86 - e requiren tamén do maior número de horas: 31.368,67, fronte ás 1.669,31 dos 34 usuarios de libre concorrencia. A atención á dependencia é unha prioridade para o concello de Carballo. Por iso, dende á área de Igualdade e Benestar préstase especial importancia ao servizo de axuda no fogar (SAF), que, como explica a concelleira Maica Ures, con respecto a outras prestacións que se realizan dende o seu departamento “ten a particularidade de que calquera ausencia, aínda que sexa só dunha hora, é cuberta, o que require unha organización previa e, por suposto, supón un incremento no custo do servizo”. De feito, o prezo medio de mercado dunha hora de luns a sábado é de 15 euros, e os domingos e festivos acada os 16,5 euros. Persoal A concellaría de Igualdade e Benestar dispón dun equipo de 14 auxiliares de axuda no fogar que traballan de luns a venres. Ademais do persoal propio, o concello recorre aos servizos dunha empresa externa para ofrecer unha cobertura completa de luns a domingo e os días festivos. Precisamente nestes momentos o concello está preparando a licitación deste servizo externo para ter garantida a atención ás persoas dependentes durante os vindeiros catro anos. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios