Os aspirantes a entrar na Escola de Hostelería de Carballo realizan a primeira proba de acceso
 
    07:14 16/02/17 
             O tribunal dará a coñecer este venres as notas da primeira proba de acceso que consistiu nun exame tipo test con 40 preguntas
Este venres faranse públicas as notas da primeira proba de acceso á Escola de Hostalaría de Carballo, un exame tipo test composto por 40 preguntas de todo tipo e de distintos graos de dificultade, dende cales son os ingredientes principais do pan ata que é un umami ou a que se lle chama mise en place.
Cada resposta correcta ten un valor de 0,25, e será imprescindible acadar un 5 para pasar á segunda proba, que consistirá nunha entrevista curricular e por competencias que permitirá valorar a actitude, motivación e interese pola acción formativa dos aspirantes, a súa traxectoria laboral no sector e a súa idoneidade para o posto. Tamén se terá en conta a dispoñibilidade horaria e xeográfica. Nesta fase poderase aportar toda a documentación curricular que se considere precisa. As datas de celebración faranse públicas no taboleiro de anuncios situado no segundo andar do Fórum Carballo e na páxina web municipal.
Os 30 candidatos e candidatas con mellores notas pasarán á terceira proba, de carácter práctico, que ben poderá consistir na elaboración dun prato nas instalacións de hostalería do Fórum Carballo ou en empratar unha elaboración previamente cociñada. Os 15 mellores serán admitidos e o resto quedarán como suplentes.
A formación terá unha duración de 1.135 horas, 815 teórico-prácticas nas instalacións do Fórum Carballo e 320 de prácticas en empresas durante o verán. O obxectivo é formar a estas 15 persoas en cociña e servizos de restaurante baixo uns parámetros de calidade que se axusten ás necesidades reais do mercado de traballo, favorecendo así a inserción ou a mellor laboral dos participantes.
Novas relacionadas

- 65 inscritos optarán ás 15 prazas do primeiro curso da pioneira Escola de Hostalería de Carballo
- Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”.
- 06-02-17: Aberto o prazo para o curso de soldadura.
- 31-01-17: Abre o prazo de inscrición para a escola de Hostalería de Carballo.
- 18-01-17: Establecidos os requisitos para acceder á escola de hostelería de Carballo
- 03-01-17: Carballo abre unha pioneira Escola de Hostalería.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo