xoves. 15.05.2025
El tiempo

Os Empresarios do Polígono de Bértoa desmárcanse da Axober Work Party

Os Empresarios do Polígono de Bértoa desmárcanse da Axober Work Party
Poligono de Bergtoa Hoxe venres 10 de novembro celébrase a Axober “Work Party: Oportunidades e fortalezas do Polígono Industrial de Bértoa”. Pero os que non estarán serán os membros da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de Bértoa, As Eiroas. A xunta directiva da entidade quixo aclarar que a súa organización non ten ningún tipo de relación ou vínculo coa iniciativa nin foi convidada á participar na mesma. Consideran moi interesante falar do progreso industrial de Carballo pero lamentan que se intente suplantar a súa identidade “por parte de persoas e colectivos que defenden falar en nome da nosa asociación, chegando incluso a, supostamente, pechar acordos facendo uso da figura da nosa agrupación empresaria”.

150 empresas e 1.000 millóns de facturación

En todo caso valora que o polígono vai no bo camiño, con “máis de 150 empresas asentadas no polígono, cifras que se achegan aos 1.000 millóns de euros de facturación global, un crecente número de exportacións, creación de emprego directo e indirecto e preto de 40 anos de historia protagonizada por xeracións de empresarios que co seu esforzo vertebraron o referente industrial do territorio. A adquisición de suelo industrial, as solicitudes de metros cadrados para implantarse en Carballo ou o interese amosado por diferentes sociedades para facer negocio dende Bértoa reflexan que a sociedade carballesa camiña con pe firme na boa dirección”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasamacosta.com).

Comentarios