xoves. 19.06.2025
El tiempo

Os integradores sociais celebran o seu día

Os integradores sociais celebran o seu día
dia internacional integrador social O vindeiro domingo, 10 de xaneiro, terá lugar na praza do concello de Carballo a actividade "Descubre o Técnico en Integración Social" con motivo do día iternacional dos/as Integradores/as Sociais. Durante toda a mañán instalarán un posto informativo no cal ofrecerán información sobre o colectivo, información sobre o perfil profesional e algunhas pequenas sorpresas para os máis pequenos. Esta actividade, que comeza ás 11 horas, está organizada polo colectivo “Integra Costa da Morte”, formado na súa maioría por persoas deste perfil profesional da zona. Segundo indica esta entidade, o perfil profesional do Integrador Social atópase nunha situación de profundo descoñecemento e nunhas condicións, en canto a saídas laborais, pésimas e moi excasas. Xa que apesares de que a titulación de “Técnico Superior en Integración Social” está plenamente recoñecida e legalizada, a nivel laboral non se  ten en conta no sistema creado de contratación dentro do seu ámbito - Servicios Sociais e a Comunidade - e isto impídelles traballar dentro das súas funcións.. Por este motivo, indican que dende Integra Costa da Morte traballan a través do voluntariado, na posta en valor dos perfis profesionais relacionados co sector social, e tamén na sensibilización e divulgación de diversas problemáticas, relacionadas co mesmo sector, a través de actividades diversas que levan a cabo en diferentes épocas do ano. Fonte

Comentarios