Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar
22 nenos e nenas de 3 anos quedaron sen praza no CEIP Fogar de Carballo a pesar de residir na área de influencia do centro educativo. E por iso acodiron ao Concello para esixir o mantemento da novena unidade de Educación Infantil que até este mesmo curso estaba funcionando. Os recortes en materia educativa, ese “aforrar custos”, provocan a eliminación desta necesaria infraestrutura e así llo fixo chegar á Xunta ao colectivo de pais, mais eles cren que, mentres que no CEIP Fogar xa se conta cun espazo habilitado para manter a aula, na Cristina si que habería que realizar un investimento para acondicionar unha nova.
Na xuntanza mantida no Concello este luns, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, explicou que "o Concello apoia totalmente ás nais e ás pais afectados" na súa defensa de "que se manteñan no Fogar as nove unidades que había até o de agora”.
De non cambiaren as cousas, pasarían a cursar estudos ben no CEIP Bergantiños nunha nova aula habilitada despois dos traballos de ampliación, ben a través da habilitación dunha nova unidade de Educación Infantil no CEIP A Cristina.
En todo caso, na Comisión de escolarización prevista para hoxe martes 20 de maio, a Xunta trasmitirá as directrices para asignar praza nun dos centros educativos do casco urbano a cada un dos nenos e nenas afectados.
Novas relacionadas
- As Anpas de Carballo queren ampliar os servizos nos Centros.
- O CEIP Bergantiños poderá acoller a 225 alumnos máis.
- As rúas de Carballo cambian coches por nenos.