Martes. 10.09.2024
El tiempo

Os peques de Carballo son os primeiros en aprender sobre fragas con Senda Nova

Os peques de Carballo son os primeiros en aprender sobre fragas con Senda Nova
Pequenos carballeses na fraga de Ribeira de Pena con Senda Nova

Moi interesantes as Xornadas de Interpretación de Bosques que a entidade carballesa Senda Nova está artellando dende xa ata o 30 de marzo. Unhas xornadas que nos axudarán a comprender a complicada tesitura na que se atopan boa parte das fragas galegas, e que engloban visitas e charlas. Unhas xornadas que servirán para entender os factores que tanto inflúen na regresión do noso bosque máis cercano: O bosque atlántico.

Os primeiros que disfrutaron do programa e aprenderon a diferenciar as especies autóctonas foron os nenos e nenas do Colexio Bergantiños de Carballo a. O destino foi un dos espazos de masa autóctona mellor conservados da Costa da Morte: a Ribeira da Pena, entre os concellos de Carballo e Cerceda. Alí, no espazo vertebrado polo río Abelleira, os escolares carballeses puideron disfrutar in situ dun dos bosques máis importantes da bisbarra, unha aprendizaxe que parece tan básica e evidente pero que non se realiza no programa habitual de estudos.

Xornadas de charlas e visitas

Xornadas de Interpretacion de Bosques con Senda Nova Programa das Xornadas de Interpretacion de Bosques Senda Nova

As xornadas levarán unha expedición bergantiñá ata ao bosque atlántico máis occidental, as Fragas do Eume, na saída do 30 de marzo. Pero antes se celebrará o Día da Árbore o domingo 16, unha actividade tradicional dentro do programa anual de Senda Nova que leva anos de experiencia. Unha actividade que pretende achegar a través da plantación e apadriñamento de especies autóctonas, bós hábitos naturais entre a poboación máis nova.

Atentos estaremos aos faladores do sábado 22, con Evaristo Domínguez Rial no Forum Carballo, ou a propia charla sobre as Fragas do 29.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios