xoves. 16.10.2025
El tiempo

Buño vive un sábado de unión con andaina, festa e a celebración do Día da Muller Rural

Dia completo en Buno
Buño vive un sábado de unión con andaina, festa e a celebración do Día da Muller Rural

Este sábado 18 de outubro será un día moi especial en Buño. As familias da Asociación de Veciños O Quinteiro, a Comisión de Festas e a Asociación Visibles teñen preparadas diversas actividades aptas para tódolos públicos e gustos.

Pola mañá, a partir das 10:00h, desenvolverase a II Andaina Popular O Quinteiro, que partirá do Parque Harcía Alén e fará un percorrido, moi suave, polas Casas do Monte e Sergude. É necesaria a inscripción, gratuita, aquí antes do 17.

Para o vermú, toca QuinteiroFest, dende as 13:00h, con sesión vermú, comida (se queres comida confirma presenza tamén), tardeo…)

Pola tarde hai dúas opcións. Mentres o tardeo continúa, a Asociación Visibles organiza, de 16:30 h a 20:00 h, o Día Internacional da Muller Rural con obradoiros de artesanía de balde.
A cita será no Pavillón do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, e realizaránse obradoiros de elaboración de xabóns artesanais con Claudia Moar (Casa Matricaria), de Coiro, con Rakelúa; de decoración de pezas de barro con Luz Moreira; e de macramé con Nuria Varela (Vivo Macramé.
Poden inscribirse no 687 996 633.

Comentarios