mércores. 30.04.2025
El tiempo

Osikán comeza a súa residencia artística en Carballo

José Ramón Hernández- Osikan
José Ramón Hernández, Osikan
Osikán comeza a súa residencia artística en Carballo

O artista José Ramón Hernández, fundador e director artístico de Osikán – vivero de creación, inicia a súa andaina na oitava edición das Residencias Paraíso 2024. Dende hoxe, xoves 18 de xullo, e ata o 30 de xullo, participa nestas iniciativas que pretende crear un ambiente de creativo que lle permita darlle unha volta ao seu espectáculo “Eyilá ashé ebbora - archivo vivo de la resistencia”, un proxecto de creación escénica que explora a espiritualidade como potencia política para a transformación social.

José Ramón Hernández (Palma Soriano, Cuba, 1988) é un artista interdisciplinar afrocubano graduado do Instituto Superior de Arte de Cuba, que marida dramaturxia e coreografía, coa instalación, a performance, a educación, a mediación e a xestión cultural.

EYILÁ de osikan

Eyilá “é un proxecto de creación escénica que explora a espiritualidade como potencia política para a transformación social. Inspírase nos saberes subalternos das persoas afro, trans, racializadas e migrantes do sur global e os feminismos negros que se están producindo en España”.

Unha vez finalizada a súa residencia artística, José Ramón Hernández ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá lugar no mes de outubro de 2024, no marco da celebración da 33ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo – FIOT.

Paralelamente, o creador participará, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2024’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar os días 20, 21 e 22 de setembro na Illa de San Simón.

Máis novas

Comentarios