Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A madrileña Clara Pampyn fai Residencia Artística nas Residencias Paraíso

Clara Pampin_Las_que_bailan_Acento_2023_Escenicas_Lukasz_Michalak
A madrileña Clara Pampyn fai Residencia Artística nas Residencias Paraíso

O Pazo da Cultura volve converterse nun centro creativo acolllendo a residencia artística de madrileña Clara Pampyn nunha nova edición das Residencias Paraíso. A bailarina ultima durante esta segunda quincena de xullo o seu espectáculo Las bailarinas no tocan el cielo, culminando o proxecto coa representación en outubro no marco do 32º Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT).

O proceso forma parte do programa Residencias Paraíso 2023, impulsado polo colectivo RPM, que conta dende os seus inicios coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Carballo.

Obradoiro para bailaríns

Como parte deste proceso, Clara propón un laboratorio dirixido a bailaríns que traballan ou traballasen para outros artistas baixo o título Las bailarinas no tocan el cielo, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Carballo entre o 18 e o 29 de xullo. As sesións colectivas marcaranse en relación á dispoñibilidade das interesadas. Os e as interesadas poden ampliar información e inscribirse no laboratorio nesta ligazón.

Comentarios