Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Outono en Marcha dá o relevo á Escola Ambiental

  • A entidade critica o abandono dos nosos montes
Ruta con Senda Nova pola bretema do Monte Neme
Ruta con Senda Nova pola bretema do Monte Neme
O Outono en Marcha dá o relevo á Escola Ambiental

Non para a Asociación Senda Nova, que segue sendo un auténtico alicerce do achegamento á natureza na comarca de Bergantiños. A entidade pechou, entre a brétema do Monte Neme, a 12ª edición do Outono en Marcha, cunha saída este pasado domingo chea de lendas e misterio.

Ruta con Senda Nova pola bretema do Monte Neme 2

E se ben están moi satisfeitos da participación da veciñanza (esta semana houbo xente ata de Narón), recoñecen o paulatino abandono dos nosos montes: “edición tras edición imos vendo como moitos dos lugares que pasamos cambian (moi poucas veces para mellor), e como cada vez están máis en risco. Corredoiras desfeitas, verquedoiros ilegais, novas plantacións de eucaliptos ou especies foráneas, masacre das beiras dos ríos, proxectos que ameazan lugares de interese e de alta sensibilidade ecolóxica, social ou cultural. Ou incluso as consecuencias que xa se poden ver e palpar de algúns proxectos, accións ou medidas tomadas con anterioridade, e que deberían de servir para facer balance e non voltar a cometer os mesmos erros”.

Escola Ambiental

Sen tempo para descansar, este sábado día 25 de novembro dará comezo unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova - Concello de Carballo. O Espazo da Natureza de Oza acollerá ás 12h, as nenas e nenos participantes, familias, socios e socias da entidade e representantes do concello para darlle a benvida a un novo curso deste ambicioso proxecto que se estenderá até os meses de verán.

Sen dúbida, unha das mellores actividades para que a rapazada coñeza, respecte e queira, a nosa natureza.

Comentarios