Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición na fermosa Escola Ambiental de Senda Nova

Rapazada da Escola Ambiental de Senda Nova
Rapazada da Escola Ambiental de Senda Nova
Aberto o prazo de inscrición na fermosa Escola Ambiental de Senda Nova

Hoxe abre o prazo de preinscrición para a 12 edición da Escola Ambiental Senda Nova - Concello de Carballo, un dos proxectos máis ilusionantes da entidade, que ten como protagonistas á rapazada carballesa.

O ano aso pasado foron 30 os rapaces e rapazas que, cada mañá de sábado, de novembro a xullo, se achegan á natureza dende a Escola Ambiental de Oza.

Poden matricularse rapaces e rapazas que cursen 3º, 4º, 5º e 6º de primaria de Carballo tendo que realizar a preinscrición antes do 15 de novembro nas instalacións do Espazo da Natureza de Oza en horario de 17 a 20 h os mércores, xoves e venres. Prima a orde de inscrición.

Podes ter máis info se contactas connosco a través dos teléfonos 611037617 ou 611037614 ou tamén no mail [email protected].

Comentarios