Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A parte solidaria do alumnado de Cociña do Fórum Carballo

Menu Solidario do obradoiro de emprego de Cocina de Carballo
A parte solidaria do alumnado de Cociña do Fórum Carballo

Formarse na escola de Cocña municipal do Fórum Carballo é moito máis aprender a prender o lume. Xa se ten convertido durante a pandemia nunha cociña solidaria, chegando a facer 2.500 menús para persoas desfavorecidas. Desta volta, o alumnado de cociña do obradoiro Fórum Dual está colaborando coa  Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM), preparando dous menús semanais para cinco usuarios/as da entidade que non teñen acceso a outro tipo de servizos (Xantar na Casa, etc).

O menú de onte incluíu ensalada mixta, fritura de pescada e torrija, pero o obxectivo é ofrecer cada día pratos diferentes, adaptados ás necesidades de cada persoa usuaria.
Nestes cinco casos, ao non existir ningún tipo de intolerancias, o abano de posibilidades será moi amplo. Os menús da semana que vén, de feito, incluirán croquetas de bacallau, polo asado con patacas e leite frito, o luns, e xudías con chourizo, calamares con patacas e bolos de vento con crema, o mércores.

Paralelamente, a semana que vén o alumnado de cociña tamén volverá á praza de abastos, coincidindo co mercado do xoves, para seguir amosando as numerosísimas posibilidades gastronómicas que ofrecen os produtos que proximidade que se venden nos postos do mercado.
A formación en alternancia é un apartado clave dentro do proxecto do obradoiro dual de emprego no que se forman un total de 20 persoas.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios