Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Partido Galego presenta as súas credenciais en Carballo

  • O Partido Galego decide non presentarse ás eleccións galegas para deixar o camiño despexado a un cambio de goberno.
  • Si se presentará a coalición Espazo Galeguista Común, con Pachi Vázquez como candidato.
Executiva do Partido Galego de Carballo e membro da Executiva Nacional
Executiva do Partido Galego de Carballo e membros da Executiva Nacional
O Partido Galego presenta as súas credenciais en Carballo

Celebrou o Partido Galego o seu Consello Nacional esta fin de semana en Carballo. O partido, que ten representación municipal tamén en Ponteceso, decidiu non presentarse ás eleccións galegas do vindeiro 18 de febreiro. Óscar Pazos e Suso Ares, membros da dirección nacional do partido, indicaron que entre os principais argumentos para tomar a decisión de estratexia de cara estas eleccións, tivo especial relevancia” a priorización de Galicia por enriba dos intereses de partido.” Neste senso recoñecen que de presentarse, terían uns resultados baixos e serían “unha aposta sen utilidade para o conxunto de Galicia”. “Queremos deixar o camiño despexado totalmente e se non hai cambio de goberno por uns miles de votos, que non poidan apuntar a nosa participación”.

Así e todo, farán campaña e seguirán formalizando espazos municipais, como as tres novas Agrupacións no Consello Nacional: Carballo, O Grove e Brión, vai dar lugar a celebración do 1º Congreso en Abril.
Si que abrirán unha estratexia de traballo de cara as Eleccións Europeas do 9 de xuño deste mesmo ano.

Consello Nacional
Consello Nacional

Propostas municipais

O Consello nacional serviu para presentar a Agrupación de Carballo, onde tanto o Secretario Local Sergio Gudin e o Portavoz Municipal Luis Bardanca, fixeron fincapé en resolver todas as múltiples problemáticas do rura Falaron do “abandono palpable polo actual goberno de Carballo, a desatención sobre a reparación das estradas municipais, a limpeza das cunetas, ampliación de estradas, atención á veciñanza en xeral na falta de atención as xustas demandas”.

Puxeron máis eivas no obxectivo: “O abandono de reparación de pistas, limpeza da maleza que as inunda, unha das máis chamativas é a estrada de Oza a Razo que parece de un so carril por estreita e sen luz pública”.
E queren “poñer en valor a praia de Razo como unha praia de referencia de Carballo e do norte de Galicia como a praia de referencia de surf”, apostando por “un plan de acceso, de servizos, de campaña publicitaria e vinculación a un plan municipal e comarcal de turismo”.

Piden máis aparcadoiros no núcleo urbano e un programa de servizos no polígono industrial, dotación dunha área de servizos, e básculas industriais, liña de autobuses, dinamizar encontros empresariais, asesoramento empresarial, etc..

Pachi Vázquez, candidato de Espazo Común Galeguista

Si que se presentará as eleccións autonómicas do 18 de febreiro Pachi Vázquez como candidato á presidencia da Xunta da coalición Espazo Común Galeguista, que está formada por Espazo Común, Unidade Local, Compromiso por Galicia, Coalición Galega e Galicia Sempre.

Pachi Vazquez candidato de Espazo Comun Galeguista
Pachi Vázquez, á dereita, candidato de Espazo Comun Galeguista

Máis novas

Comentarios