mércores. 13.11.2024
El tiempo

O mazaricán Javier Trillo, entre a cúpula de Espazo Común Galeguista

Javier Trillo con Pachi Vazquez Espazo Comun
Javier Trillo con Pachi Vazquez Espazo Comun
O mazaricán Javier Trillo, entre a cúpula de Espazo Común Galeguista

Presentábase a nova plataforma cidadá de acción política "Espazo Común Galeguista". Unha plataforma cidadá de acción política que busca "ocupar un espazo actualmente desatendido en Galicia, o centro; un centro socialdemócrata e galeguista para que Galicia teña forza propia".

O grupo, que xurde da coalición entre Unidade Local e Espazo Común, conta con representación en 22 municipios de 3 provincias galegas, e son conscientes da carreira que afrontan. "Presentámosnos a estos comicios cos pés na terra e sabendo en todo momento na liga en que xogamos: agora é tempo se sementar; de poñer esa semente que sexa o xérmolo dun novo espazo, unha nova política, un centro esquerda que defenda estrictamente os intereses do noso pais para que tódalas persoas que pensen coma nós , que Galicia ten que ser o primeiro, teña a ben votarnos”.

“O noso é unha carreira de fondo, non nos preocupan tanto os resultados inmediatos", afirman dende o grupo liderado por Pachi Vázquez, e ten ao mazaricán Javier Trillo, que conseguía a súa acta de concelleiro no pleno nas pasadas eleccións municipais de maio de 2023 despois de deixar o PSOE e estrear as siglas de ESCO.

Comentarios